ConcellosÚltima hora

A Casa da Cultura de Verín acolle unha charla sobre a muller mexicana

Será o mércores 24 de agosto, ás 20:15 horas

méxico (1) OK

A Casa da Cultura do Concello de Verín acolle o vindeiro mércores día 24, ás 20:15 horas, unha charla sobre a figura da muller mexicana impartida pola psicóloga Lorena Mosqueda. Será no salón de actos da citada casa con entrada gratuíta.

Baixo o título “Ser muller en México”, Mosqueda exporá a realidade feminina no devandito país que, a pesares das loitas polo respecto aos seus dereitos, aínda segue en desventaxa. Esta iniciativa conta coa colaboración do Concello de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button