ConcellosÚltima hora

A Casa dos Poetas de Celanova acollerá unha ludoteca esta Semana Santa

A Fundación Curros Enríquez, en colaboración co Concello de Celanova, organiza na Casa dos Poetas unha Ludoteca de Semana Santa para nenos de entre 4 e 12 anos. Os obradoiros desenvolveranse o martes e mércores, 11 e 12 de abril, entre as 11:00 e as 13:00 horas.

A temática deste ano xirará entorno ao teatro de marionetas e aos grandes xogos. Distribuídos por grupos de idades. Permitirase a inscrición de nenos ata o luns 10 de abril ou ata cubrir as 40 prazas dispoñibles.

Cartel Informativo da Ludoteca de Semana Santa.

Artigos relacionados

Back to top button