Casa Leiro está de aniversario. Cumpre vinte anos de traxectoria domo tenda de produtos galegos en Madrid. E para celebralo ten previsto organizar unha degustación de produtos de terras galegas na tarde do vindeiro 13 de decembro ás 20h. Ademais o aniversario estará ambientado coa actuación dun grupo de músicos galegos.