CulturaEducación

A casa niño de Castrelo de Miño comeza a súa actividade

O servizo é gratuíto e está destinado a rapaces e rapazas de ata tres anos, cun horario continuado  de 6:00 a 18:00 horas
Imaxe do interior do centro "Casa Niño Os Paxariños".
Imaxe do interior do centro “Casa Niño Os Paxariños”.

Castrelo de Miño pon en marcha, dende hoxe, un novo servizo gratuíto destinado ao coidado de nenos e nenas de atra tres anos a través do programa Casa Niño, promovido pola Xunta de Galicia. A “Casa Niño Os Paxariños”, que se localiza na parroquia de Prado de Miño, na antiga escola Prado-Vide, está xestionada pola técnico en Educación Infantil, Alba García.

En canto ao horario, este espazo estará aberto de xeito ininterrompido de 06:00 a 18:00 horas e ten capacidade para cinco prazas, das cales catro xa están cubertas. Este servizo busca a conciliación familiar e laboral, ofrecendo unha “atención integral e presonalizada” e está dirixido á atención das necesidades básicas de alimentación, hixiene e descanso, de acordo coa idade do infante. Por outra banda, tamén está enfocado a contribuir ao desenvolvemento físico, motor, afectivo, intelectual e social dos nenos, sempre en colaboración coa familia.

O servizo préstase en 60 metros cadrados da remodelada antiga escola pública municpal de Prado e Vide e conta con cinco berces, unha zona común, cinco hamacas para bebés e outras tantas tronas. Ademais as salas, o mobiliario e o resto de equipamento, contan con sistemas de seguridade que a normativa esixe para este tipo de servizos.

Este proxecto está promovido pola Xunta de Galcia e financiado parcialmente polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, destinado a núcleos rurais de menos de 5.000 habitantes.

 

Artigos relacionados

Back to top button