ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Casaio (Carballeda de Valdeorras) celebra o día grande das Festas do Corpus

A procesión sacramental foi un dos actos centrais do programa

Dous nenos e unha nena celebraban a Primeira Comunión en Casaio (Carballeda de Valdeorras) no mediodía do sábado 2 de xuño. E eles eran os que acompañaban ao párroco Juan José Prieto encabezando a procesión coa que pechaban os cultos do día grande das Festas do Corpus Christi. Despois da eucaristía na igrexa parroquial, na que os cativos recibían por primeira vez o Corpo de Cristo, a comitiva percorría boa parte do pobo, seguida por numerosos devotos.

As festas comezaban na noite do venres 1 de xuño coa verbena a cargo da orquestra Finisterre e estenderanse ata mañá, domingo día 3 con xogos para os máis pequenos no parque e baile co Trío Florida. Hoxe pola tarde tamén haberá xogos para os máis pequenos no parque e baile e verbena coa orquestra Pasarela.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button