OurenseÚltima hora

Case 1.200 persoas participarán mañá, 13 de febreiro, no Gran Folión de Barbadás

O desfile arrancará dende o campo de fútbol cara ás cinco da tarde e percorrerá a avenida de Celanova da Valenzá
No desfile están anotados máis de 54 participantes. // Foto: Carlos Asensio.

Case 1.200 persoas van participar no Gran Folión de Entroido que percorrerá a avenida de Celanova da Valenzá (Barbadás) durante a tarde de mañá, 13 de febreiro.

Está previsto que o evento comece cara ás cinco da tarde dende a zona do campo de fútbol (rúa das Cuartas). Segundo cifran dende a organización, na que participan 24 persoas, están inscritos 54 participantes nas diferentes categorías -charangas con instrumentos musicais, contracharangas sen instrumentos pero con animación musical, carrozas, comparsas, parellas, individuais e infantís-.

Os premios que se outorgan van entre os 50 e os 500 euros nas diferentes modalidades e nos diferentes premios (dende os primeiros clasificados ata os quinto premiados en cada categoría).

Os premios en cada unha das tres categorías da modalidade infantil será un bono regalo de 200 euros ao primeiro clasificado para mercar en librerías ou xogueterías do concello.

O xurado vai valorar unha serie de factores: gracia, empatía co público, sátira, transgresión, animación musical, creatividade, elaboración de vestiario…

Dende o Concello de Barbadás anunciaron que se vai habilitar unha zona específica para que estacionen as persoas con mobilidade reducida ou biodiversidade funcional. A habilitación deste espazo pretende que as persoas con dificultade na mobilidade poidan gozar comodamente da visualización do desfile dende un lugar privilexiado. Este área estará ubicada á altura do supermercado Mercadona e estará sinalizada.

Para o público xeral que se achega á Valenzá para gozar deste desfile, disporán do aparcamento do Carrefour para estacionar os seus vehículos e acceder dun xeito máis cómodo á avenida de Celanova, evitando así a previsible alta densidade de tráfico en hora punta.

Ao remate do desfile haberá animación musical a cargo dos grupos Os Festicultores na avenida de Celanova e posterior emprega de premios.

Artigos relacionados

Back to top button