ConcellosÚltima hora

Case 1 millón de euros para rehabilitacións no casco vello de Ourense

Os traballos de restauración centraranse na mellora do número 14 da rúa Cervantes e o edificio Vilar, nos números 3 e 5
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda en funcións, Ethel Vázquez, durante a súa vosita ao casco vello de Ourense.
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda en funcións, Ethel Vázquez, durante a súa vosita ao casco vello de Ourense.

A Xunta licitará a principios de 2017 novas actuacións de rehabilitación como a do número 14 da rúa Cervantes, onde haberá tres vivendas, e o edificio Vilar, 3 e 5, que contará con outras 3, cun investimento de case un millón de euros. Así o adiantaba a conselleira de Infraestruturas e Vivenda en funcións, Ethel Vázquez, durante a visita que realizaba ao casco vello da cidade de Ourense.

Acompañada pola secretaria da Delegación Territorial da Xunta en Ourense, Silvia Dorado, e o alcalde, Jesús Vázquez, Vázquez Mourelle puxo en valor as accións de rehabilitación e subliñou a determinación de “continuar con este traballo nos próximos catro anos, con actuacións directas que se activarán tamén noutras cidades galegas e que se incluirán no Plan Rexurbe, co que se recuperarán máis de 1.500 vivendas, 350 locais comerciais en máis de 500 edificios”.

No caso do casco vello de Ourense, as intervencións de rehabilitación directas levadas a cabo dende a Xunta, permitiron recuperar xa 10 edificios dos que se obtiveron 22 vivendas e que supuxeron investimentos que superan os 3,1 millóns de euros. A finais do mes de setembro licitouse unha nova actuación de rehabilitación do edificio número 1 da rúa do Vilar, por importe de 406.000 euros, do que se obterán dúas vivendas de promoción pública. Para executar estas obras un total de 8 empresas presentaron ofertas e prevense adxudicar antes de que remate o ano.

Artigos relacionados

Back to top button