A VeigaConcellosÚltima hora

Case 182.000 euros para a urbanización da rúa da Pateira, na Veiga

Momento da sinatura do convenio entre o Concello da Veiga e a Consellería de Medio Ambiente.

 

Na rúa Pateira da Veiga está previsto levar a cabo unha actuación para mellorar a súa urbanización. Nese senso vén de asinarse un convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o Concello. En virtude deste acordo ambas partes se comprometen a cofinanciar a execución desta actuación urbanística.

Os traballos terán un custo total estimado de 181.645,89 euros, dos cales a Xunta achegará o 70% e o Concello da Veiga, o 30% restante. O convenio, de carácter plurianual, permanecerá vixente ata o 31 de decembro de 2021, de xeito que ambas partes abonarán o investimento comprometido entre este ano e o vindeiro.

A rúa Pateira está localizada en pleno casco urbano do municipio e a intervención prevista na mesma enmárcase no obxectivo de humanizar e facer máis accesible e transitable este viario tanto para vehículos como para peóns.

A obra comprometida hoxe co Concello da Veiga enmárcanse dentro do chamado Plan Hurbe, un programa posto en marcha no ano 2010 pola Xunta.

Artigos relacionados

Back to top button