EconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

Case 30 pinchos diferentes, na IX Ruta “O Barco vai de viños”

Cun notable incremento de establecementos participantes, esta edición celebrarase do 10 ao 20 de xaneiro

A Praza de Abastos do Barco convertíase na mañá do 9 de xaneiro en escenario da presentación da IX Ruta de Pinchos “O Barco vai de Viños”, que se celebrará do 10 ao 20 de xaneiro. Nesta edición incrementouse o número de establecementos participantes chegando a un total de 27 (6 máis que no 2018).

Isto supón que a ruta estará estruturada este ano en catro zonas (coas denominacións de catro variedades de uva valdeorresas), unha máis que en anos anteriores: Dona Branca (co Café Bar San Roque, Chanfainas, Veira Sil, Taberna O Buraco, Excalibur, Restaurante Tomás e Il Piacere Gastrobar), Godello (Tapería Al Natural, Bajo 5, La Pampa, 13/14, Divino Paseo, Vinum e Café Bar Xanadú), Mencía (América, A Roda, Arco Iris, La Querida, Dock, Piquiño e Casa Lameiro) e Garnacha (Casa Galaica, La Galería, Cociña do Lar, El Dorado, Fernando III e La Gran Tortuga).

Unha mostra de boa parte dos pinchos estrela que poderán degustarse (ao prezo de 1,70 euros) na ruta podía verse á entrada da praza no decurso desta presentación, que contaba coa asitencia das presidentas do Barco Centro Comercial Aberto (CCA), Sandra Moldes, e de AEVA, Araceli Fernández, así como coa da concelleira de Turismo do Barco, Irene Dacal, así como dalgúns dos hostaleiros participantes.

Ademais cada participante na ruta levará un boleto (que poderá atoparse en cada un dos locais e que incluirá un plano de localización e información sobre os pinchos) cuxos apartados irá selando ao consumir o pincho e co que poderá votar ao que máis lle guste. Os boletos cun mínimo de cinco selos (alomenos un de cada zona) participarán no sorteo de catro ceas para catro parellas e poderán depositarse ata o 22 de xaneiro en calquera das urnas dos locais da ruta. O establecemento do pincho máis valorado recibirá un diploma acredidativo.

A presidenta do Barco CCA agradecía a implicación da hostalaría, destacando o incremento de locais participantes na iniciativa, e tamén a colaboración das empresas que, un ano máis, patrocinan os premios do sorteo para o público: Distribuciones Anger Valdeorras, Bodegas D’Berna, Distribuciones Roca e Exclusivas Morales.

Pola súa banda, a presidenda de AEVA, Araceli Fernández, agradecía o apoio do Concello do Barco e incidía en que iniciativas como esta ruta “supoñen unha promoción do sector comercial e hostalaría, que nos dá a coñecer. Os hostaleiros aportan a súa creatividade e nestes días amosan o que son capaces de aportar, é o mellor intercambio. Tamén permitirá que nos coñezamos mellor e apostará por unha mellora do noso entorno”.

Restaurantes con botelo

Finalmente, a concelleira de Turismo do Barco, Irene Dacal, resaltaba que esta ruta “cada ano vai a máis, hai máis participación e pinchos, máis xente… Hai que agradecer esta implicación e tamén a dos restaurantes no día do Botelo, xa que a capacidade do pavillón é limitada para acoller a xente nese día”. Nesta edición un total de nove restaurantes do Barco ofrecerán no seu menú este embutido coincidindo coa fin de semana do día do Botelo (19 de xaneiro). Son Tapería Al Natural, Restaurante Tomás, Pulpería El Dorado, Cafetería Restaurante III, Chanfainas, Casa Galaica, Piquiño Restaurante, Casa Lameiro e Cociña do Lar.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Nota: A organización da Ruta dos Pinchos informa de que hai un erro no folleto no horario do Bar A Roda (Zaona Mencía), o correcto é: mañás de 13h. a 15h. e de tardes de 19h. a 22h.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close