Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Case 300 atletas disputaban a XIV Carreira por Montaña Canón do Sil en Parada de Sil

 

Cunha destacada participación, de case 300 atletas, Parada de Sil recuperaba neste domingo 24 de outubro a Carreira por Montaña Canón do Sil, tras a paréntese do 2020 por mor da pandemia do Covid-19. Esta cita deportiva é a decana de Galicia nesta modalidade e está promovida polo Clube de Montaña Ribeira Sacra en colaboración co Concello de Parada de Sil.

Na súa 14ª edición a proba tiña un trazado de 33 km, na súa distancia longa, un total de 17 km na media e 7 km na curta, acadando un desnivel positivo na longa de ata 2.220 m

O ganador da carreira nas distancia longa era o ourensán Elpidio Gómez (Castrotrail) cun tempo de 3:18:13, mentres que o seu compañeiro de club Adrián Rodríguez, natural da Peroxa, era segundo e Marcos Naya (Traileros Toxos&Birras), da localidade coruñesa de Culleredo, terceiro.

En categoría feminina impoñíase, nesta mesma distancia, a ferrolá Verónica Bugliot (Os Corzos do Ortegal) cunha marca de 3:58:23, mentres que a ourensá María Ferreiro (GMTA&Cunovers) situábase en segunda posición e a súa compañeira de club, a viguesa Silvia Casal, quedaba terceira.

As probas puntúan para a Copa Galega de Carreiras por Montaña e para o circuíto galego de carreiras por Montaña “Terra”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button