Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Case 300 participantes na II Convivencia Intercomarcal Tuxo e Lela, na Mezquita

Este encontro infantil e familiar desenvolvíase na tarde do 28 de xuño na Debesa de Santigoso

Moita participación, diversos e orixinais obradoiros, exhibicións… A II Convivencia Intercomarcal Tuxo e Lela, celebraba na tarde do 28 de xuño na Debesa de Santigoso (A Mezquita) resultaba todo un éxito. Nela participaban os centros para nenos de 0 a 3 anos dos municipios da Mezquita, A Gudiña, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Riós e A Veiga.

En total xuntábanse uns 90 nenos e 200 adultos e nesta edición volvía a abordarse a temática da castaña, simbolizada nos personaxes que dan nome ao encontro, os bullotes Tuxo e Lela. Tratábase dunha convivencia de lecer en familia na que os pequenos podían desfrutar de inchables, multitude de obradoiros educativos e de animación, música, un contacontos, un xantar

Tras unha exitosa primeira edición no 2018 en Vilariño de Conso, desta volta será o concello da Mezquita o escenario da II Convivencia Intercomarcal “Lela e Tuxo”, que despregará un programa cargado de propostas de animación e música para os nenos, ademais dun xantar.

Había ademais exhibicións como a do camión do GES da Gudiña ou a da Garda Civil de Tráfico e tamén se contaba coa colaboración da Cruz Vermella.

Esta edición ten sido organizada pola Asociación Cultural Os Tres Reinos, que participaba coas cativas e cativos do seu Programa de Conciliación Familiar, e polo Concello da Mezquita, cuxo alcalde é Rafael Pérez.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button