DeportesEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

Case 40 km en BTT polas terras de Manzaneda

A VII Andaina deste concello completábase, por segundo ano consecutivo, cunha ruta de BTT

Case 60 ciclistas galegos participaban no roteiro de BTT que, por segundo ano consecutivo, formaba parte do programa da VII Andaina de Manzaneda, celebrada o 12 de xuño. Tomaban a saída media hora despois dos camiñanntes, é dicir ás nove e media, e dende o mesmo punto: a escola da vila. Dende aí comezaban un fermoso percorrido duns 37 km cuxa meta estaba situada na mesma localidade de Manzaneda.

Esta VII Andaina foi promovida polo Concello de Manzaneda en colaboración con Protección Civil. Ademais tiña un carácter solidario xa que parte do custo de cada unha das inscricións ía destinado á Cruz Vermella Valdeorras.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información e fotos en:
https://osil.info/un-roteiro-para-descubrir-caminando-o-engado-de-manzaneda/

Máis información tamén na vindeira edición en papel do Periódico O Sil-

Artigos relacionados

Back to top button