ConcellosO BarcoÚltima hora

Case 400 sinaturas en apenas 2 días para pedir a reapertura da piscina climatizada do Barco

Exterior da piscina climatizada do Barco./ Foto: A.R.

 

Na noite do 4 de novembro comezaba unha recollida de sinaturas a través de internet, por parte do Club Natación Valdeorras, para pedir que se reabra a piscina climatizada do Barco, que leva pechada dende o 2018. Baixo o lema “Necesitamos que se abra a piscina cuberta”, os promotores explican que é necesario que esas instalacións volvan a reabrir.

E diríxense ao Concello do Barco asegurando que “a rendabilidade económica da piscina – un servizo prestado pola administración – non debe primar á rendibilidade social. Se serían os parámetros económicos os que priman, en termos de déficit, non sería posible que un concello dispuxese dun cinema, un pavillón de deporte, un campo de futbol, etc”.

 

 

Polo de agora, case 400 persoas levan asinada esa petición a través de https://www.change.org/p/concello-de-o-barco-necesitamos-que-abra-la-piscina-cubierta-de-valdeorras-ourense?fbclid=IwAR0V-iO3aYmcO0471jXm3KUevaIM6nr7rXXGY8-TYnnGHkIG9ZehdkWqjfQ

Artigos relacionados

Back to top button