OurenseÚltima hora

Case 77.000 euros para o acondicionamento da praza do Progo en Riós

O delegado da Xunta en Ourense visitaba esta mañá a zona desta actuación, acompañado polo alcalde

O delegado da Xunta en Ourense durante a visita a Riós.

 

Ata a localidade de Riós desprazábase esta maña o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén. Alí visitaba, acompañado polo seu alcalde, a praza de Progo, onde se ten previsto desenvolver unha actuación integral de acondicionamento, na que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, en colaboración co consistorio, vai investir case que 77.000 euros.

O alcalde, Francisco Armando Veiga, explicoulle ao delegado territorial, de xeito detallado, as actuacións que se van levar a cabo en breve na Praza de Progo, e transmitiulle a importancia da mesma para o recreo e desfrute da veciñanza deste lugar de Riós e a súa contorna.

Gabriel Alén indicaba que o obxectivo deste tipo de actuacións é mellorar os equipamentos e dotacións dos pobos e vilas do rural, “aumentando a variedade e elevando os niveis de servizos co fin de proporcionar unha oferta de calidade e axeitada ás necesidades da poboación, e así poder incrementar o atractivo das vilas e dos núcleos rurais da nosa comunidade autónoma”.

 

O alcalde de Riós xunto ao delegado da Xunta en Ourense.

 

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a través dos plans hURBE trata de dar resposta á necesidade de humanización das vilas e de incrementar o atractivo dos núcleos rurais como factor determinante do equilibrio territorial.

O PLAN hURBE 2019-2020 continúa na senda iniciada polo PLANS hURBE 2010-2013 e 2014-2017 tratando de articular unha estratexia de posta en valor das vilas, tanto as grandes como as pequenas, e dos núcleos rurais, que permita crear as condicións propicias para o seu desenvolvemento sostible.

Artigos relacionados

Back to top button