ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Case un cento de nenos participaron na actividade organizada polos Radioafeccionados de Trives

As propostas, ludicas e divulgativas, incluíron unha homenaxe a un dos radioafeccionados pioneiros, José Domínguez

Os preto de cen cativos que participan no campamento de verán DiverTrives (promovido polo Concello), asistían na xornada do 1 de agosto a unha serie de actividades organizadas polos Radioafecccionados da Pobra de Trives, co fin de dar a coñecer o seu labor e achegalo aos máis pequenos.

Entre o abano de actividades que se levaron a cabo estaba a “búsqueda e caza do zorro Triviño” por diferentes locais da vila, unha divertida iniciativa para desfrute dos cativos. Ao remate das probas, cada cativo recibiu un diploma de mans do alcalde de Trives.

Como broche a este primeiro acto público que a entidade organiza na vila, fíxoselle unha homenaxe a un dos pioneiros triveses no mundo dos radioafeccionados e amigos de todos, José Domínguez Pérez (EB1AQB), xa falecido. No acto participaron o grupo de Radioaficionados, o alcalde e os pequenos e pequenas de DiverTrives.

Fotos cedidas

Artigos relacionados

Back to top button