EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Case unha trintena de persoas descubren as singularidades dos viños de Valdeorras

Nesta xornada de sábado estase a impartir un curso, promovido pola ruta do viño desta D.O., no Hotel A Calzada de Arcos (Vilamartín)

Arredor das 11h. deste sábado 11 de xaneiro poñíase en marcha o  “Curso de cata de viños singulares de Valdeorras” no Hotel A Calzada de Arcos (Vilamartín de Valdeorras). Unhas 27 persoas están a asistir a esta formación, cunha duración de seis horas (en horario de mañá e tarde), que está organizada pola Ruta do Viño de Valdeorras e impartida polo director técnico do CRDO Valdeorras, Jorge Mazaira.

“O obxectivo deste curso é coñecer os viños que pola súa cima de produción, o enclave do viñedo ou o seu método de elaboración intentan preservar unas características que os diferenzan lixeiramente do resto”, aseguran dende a Ruta do Viño de Valdeorras.

 

 

O programa da mañá, que se encetaba coa intervención do presidente da ruta, Joaquín Sánchez; abordaba cuestións como os microclimas desta zona vitivinícola, os seus solos e o concepto de singular, ademais de incluír unha cata de viños brancos singulares de Valdeorras.

Pola tarde, a partir das 18h., retomarase o curso, que se centrará primeiramente nas variedades de uvas da D.O. Valdeorras. Despois realizarase unha cata de viños tintos singulares.

Entre os asistentes a este curso hai persoas de diferentes puntos da comarca de Valdeorras (O Barco, A Rúa, Rubiá), así como de fóra, de zonas como Lugo, A Coruña, Vigo ou Monforte de Lemos.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close