DeportesÚltima hora

Cassio, Ismael e Omar (C.D. Barco) convocados coa selección galega para o amigable ante o R. de Ferrol

O partido de preparación para a primeira fase da Copa das Rexións UEFA será o 22 de novembro en Ferrol
Xogadores do C.D. Barco no campo de Calabagueiros./ Foto: Carlos G. Hervella.

A primeira fase da Copa das Rexións UEFA está cada vez máis preto e a selección galega amateur ultima a súa preparación para os primeiros encontros da competición, que enfrontarán a Galicia con Asturias e Cantabria entre os días 8 e 10 de decembro en Xixón.

Despois do partido ante Coruxo F.C. que se saldaba cun empate a uns, Pichi Lucas continúa traballando na posta a punto do combinado preparando un novo amigable, desta volta ante o Racing Club de Ferrol que milita en 2ª división B. O partido será o mércores 22 de novembro no estadio municipal de A Malata (Ferrol) e entre os convocados están tres xogadores do Centro de Deportes Barco: Cassio, Ismael e Omar.

Artigos relacionados

Back to top button