ConcellosÚltima hora

Castañas asadas e viño novo no magosto de San Martiño, o 11 de novembro en Quiroga

A marcha en bicicleta prevista para ese día aprázase por mor do tempo ata o domingo 18
Magosto en Quiroga./ Foto: Carlos G. Hervella.

O domingo, día 11 de novembro, a localidade lucense de Quiroga celebrará a festa do seu patrón, San Martiño, con diferentes actividades ao longo da xornada.

O programa comezará ás 12h. con misa solemne e procesión, seguida da sesión vermú (13:15h.) coas actuacións, na praza Maior, dos grupos de danza San Martiño e Arume de Queiruga e do grupo de gaitas Alecrín.

Xa pola tarde, a partires das 16h. haberá xogos populares para os máis pequeno na mesma praza, onde a partires das 19h. terá lugar o gran magosto popular con castañas asadas e viño novo. O apartado musical da festa correrá a cargo do dúo Camelia.

Ese día había ademais prevista unha marcha en bicicleta para toda a familia, suspendida por mor das previsións meteorolóxicas. Tal como adiantan dende o Concello, a actividade desenvolverase o vindeiro domingo 18 de novembro con saída na praza España.

 

Artigos relacionados

Back to top button