En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Entre castañas asadas e música, no Magosto de Viloira

O recendo das castañas asadas envolvía dende as sete da tarde Viloira (O Barco). Centos de persoas dábanse cita na praza Otero Pedrayo para tomar parte nesta celebración que homenaxea a este froito de outono, que podía degustarse acompañado de viño. A festa, na que participaban persoas de todas as idades, estaba animada pola música da agrupación tradicional Amencer.

Ademais nesta edición o Magosto incluía novidades. Unha delas era a exposición “O Magosto e o Samaín, personaxes de medo na cultura galega”, elaborada por alumnos de primaria do Barco. As pezas desta mostra podían verse ao longo da praza.

Por outra banda, a partires das 21:30h. está previsto un “correfoc” a cargo da Associació Cultural Ball d’Enveja de Vilanova i la Geltrú (Barcelona). Tamén ás 23h. haberá un concerto dos Mecánicos.

Fotos: A.R.

Máis información e fotos:
https://osil.info/fervenzas-de-luz-tambores-olor-polvora-no-correfoc-barco/

Artigos relacionados

Back to top button