EconomíaEconomíaÚltima hora

Castañas, concurso de doces e baile, no Magosto de Trives o 11 de novembro

Será a partires das 18:30h. no Patio e Santa Leonor. Un par de horas antes, impartirase na praza do Pilón un obradoiro infantil

 

Asistentes á pasada edición do Magosto de Trives.

 

Arredor da fogueira reuniranse os triveses o vindeiro 11 de novembro para festexar o Magosto. A cita será a partires das 18:30h no Patio de Santa Leonor e non faltarán as castañas e os chourizos acompañados de viño e, logo, de licor café. Ademais a festa estará animada con música e baile.

No marco do Magosto, celebrarase tamén o V Concurso de Doces Típicos de Outono. As bases recollen que as sobremesas que se presenten deberán ter como ingredientes produtos de tempada como a propia castaña, conchos, figos, mazá, cabaza, pera, uva, laranxa etc. Poderán entregarse o mesmo sábado día 11 entre as 10:30h. e as 14h. na Oficina de Turismo. O Concello de Trives outorgará premios a cada un dos participantes. Xa durante o magosto, os doces poderán ser degustados polos asistentes.

Dentro do programa trivés do Magosto haberá ademais unha actividades pensada especialmente para os máis pequenos, en concreto para nenos nacidos entre os anos 2014 e 2005. Trátase dun obradoiro infantil, que se impartirá na praza do Pilón ás 16:30h.

 

Artigos relacionados

Back to top button