EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Castañas ourensás para unha deliciosa tarta xaponesa

Este doce, elaborado con produto de Posada Marrón Glacé, presentábase na mañá do 11 de novembro no Concello de Ourense

Coincidindo cunha data festiva moi especial e singularmente vencellada ás castañas, o salón de plenos do Concello de Ourense acollía a presentación da tarta nipona “Ena-ka-Wakamiya”, que saía este ano ao mercado e que está elaborada con castañas da provincia da empresa Posada Marrón Glacé. Este doce, que logra unha simbiose especial entre a castaña ourensá e a xaponesa, ten suposto un éxito de vendas.

A presentación contaba coa asistencia do presidente da citada empresa xaponesa, Shingo Kamada; de José Posada, de Posada Marrón Glacé, e do alcalde de Ourense, Xesús Vázquez. Este acto supón todo un xesto á cidade de Ourense e á súa festividade do San Martiño por parte da firma nipona.

Ademais, Shingo Kamada chega nesta ocasión á provincia, acompañado dunha delegación de empresarios da castaña xaponesa e de representantes da empresa Posada Marrón Glacé, co fin de coñecer o magosto que se celebra nestes días. Xa ten estado noutras ocasións en Ourense, a última foi en novembro de 2013 con motivo da homenaxe póstuma que se lle tributada ao empresario José Posada González, creador do marrón glacé galego.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button