DeportesÚltima hora

Castrelo de Miño impulsa o parque náutico da man da Federación Galega de Remo

Asina un convenio para converter as instalacións en escenario de competicións, adestramentos ou formación deportiva e técnica
O convenio foi suscrito o pasado sábado no concello.
O convenio foi suscrito o pasado sábado no concello.

O Concello de Castrelo de Miño convértese no epicentro do remo galego da man da Federación Galega deste deporte. É a tendencia que se marcará nos vindeiros meses, coa formalización do acordo asinado entre ambas institucións co obxectivo de dinamizar o parque náutico do municipio. Deste xeito, a federación será un novo operador con sede permanente neste enclave.

O concello porá a disposición da federación as instalacións públicas municipais, que serán orientadas á celebración de competicións, adestramentos, concentracións e cursos de formación de técnicos e árbitros. Tamén se planea desenvolver aquí campañas de promoción da práctica deportiva de remo entre os escolares da comarca do Ribeiro.

O acordo foi suscrito o pasado sábado 22 de abril polo alcalde, Xurxo Rodríguez Méndez, e polo presidente da Federación Galega de Remo, José Manuel Seijas Galán.

Artigos relacionados

Back to top button