OurenseÚltima hora

Castrelo de Miño non abrirá as piscinas municipais por falta de socorristas

Piscina municipal de Castrelo de Miño.

 

O alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, anunciou hoxe que debido á falla de persoal de salvamento ou socorristas non se poderán abrir as piscinas municipais.

O alcalde explicou que trala confirmación da Consellería de Emprego e Igualdade da concesión da subvención para a contratación de socorristas demandou do Servizo Público de Emprego (07, 13 e 21 de xuño ) sendas ofertas para acometer as contratacións necesarias. “O Sepe remitiu 33 posibles candidatos que rexeitaron as demandas laborais”, di Pazos.

Ante esta situación e a lexislación vixente en materia de salvamento, “o Concello de Castrelo de Miño, vese na obriga de non poder abrir as piscinas”, di Avelino Pazo, quen expresa a súa contrariedade polas circunstancias acaecidas e deixa claro que se trata “dunha situación allea á responsabilidade municipal”.

 

Artigos relacionados

Back to top button