SanidadeÚltima hora

Castrelo de Miño organiza actividades saudables para os veciños

A partires desta semana arrancan as actividades saudables da tempada 2017-2018 do Concello de Castrelo de Miño. Estas actividades vanse levar a cabo ao longo de varios meses en distintos lugares da localidade.

Así, mañá, 15 de novembro, terá lugar o Obradoiro de Nutrición e Cociña Saudable no Salón de Actos da Casa do Concello. Por outra banda, o xoves, 16 de novembro, será o obradoiro “Traballo coas emocións: Ioga e como vivir sen presa”, que se levará a cabo no Pavillón Municipal de Deportes de Astariz.

Cartel do obradoiro de Cociña Saudable.

Artigos relacionados

Back to top button