DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Castrelo de Miño reúne a máis de 400 participantes no nacional de remo de longa distancia


Dende as 9 da mañá e ata pasadas as 3 e media da tarde deste sábado 20 de febreiro, desenvólvese a XI edición do campionato de España de remo de longa distancia. Unha proba de nivel nacional que reúne no Parque Náutico de Castrelo de Miño a máis de 400 deportistas e máis de 300 embarcacións, de 53 clubs.

Chegados dende dez comunidades autónomas (Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Navarra, Aragón, Cataluña, Comunidade Valenciana, Andalucía e Madrid), os remeiros compiten nas categorías cadete, xuvenil, absoluto e adaptado, masculino e feminino; nas modalidades 2x, 2- e 1x.

A proba, organizada pola Federación Española de Remo en colaboración coa Federación Galega de Remo e co Parque Náutico e o Concello de Castrelo de Miño, estase a desenvolver seguindo o protocolo anticovid da Secretaría Xeral para o Deporte e cun estrito control de seguridade.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Máis información e fotos no seguinte enlace: https://osil.info/wp-admin/post.php?post=229633&action=edit

Artigos relacionados

Back to top button