ConcellosÚltima hora

Castrelo de Miño sortea os premios de CastreloSabe a finais deste mes na feira

O último domingo de mes, Castrelo de Miño celebra a súa tradicional feira. Neste mes, o próximo domingo 30, sortearanse os premios do concurso de tapas CastreloSabe entre todos aqueles participantes. Ás 12:00 horas darase a coñecer cales son os gañadores dos tres lotes de viño do Ribeiro, tres lotes de viños dos colleiteiros de Castrelo de Miño, un pase de circuíto termal no Balneario de Cortegada e unha noite romántica para dúas persoas. Ademais, coñecerase cal foi o pincho máis votado.

Tamén, os que asistan seguirán podendo gozar de lecer, gastronomía e mercado, onde se poderán atopar produtos naturais, maquinaria, utensilios, artesanía ou plantas, entre outros. Todo iso o domingo na localización tradicional da feira, detrás do Parque Náutico de Castrelo.

 

Cartel da Feira.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close