OurenseÚltima hora

Castrelo do Val inviste 48.000 euros na reforma da zona do Terrón

As obras, que comezarán no mes de agosto, centraranse na ampliación do parque infantil da área recreativa

A zona de lecer “O Terrón”

 

O Concello de Castrelo do Val ampliará o parque infantil da área recreativa do Terrón, próxima ao centro multiusos do concello. Estas obras terán un custo aproximado de 48.000€ dos cales 33.900€ proveñen dunha subvención da Xunta de Galicia e o resto de fondos municipais.

A ampliación da zona de xogos realizarase no curso do mes de agosto e está previsto que se rematen antes do día 30 de outubro. En palabras do alcalde, Vicente Gómez: “co remate destas obras, a zona do Terrón convértese nunha gran área de lecer, con bancos, zona verde arbolada, zona de xogos tradicionais e infantil, ao que hai que sumarlle as mellores no propio centro multiusos e a pista da pádel”.

A reforma súmase a outras iniciativas municipais destinadas á mellora da zona tales como o cambio do teito do pavillon cunha subvención da Deputación de Ourense e o acondicionamento da zona de lecer mediante o Plan Hurbe. Dende o goberno municipal, o rexedor destacou que esta remodelación “engade aínda máis valor a unha área na que se están a desenvolver notables melloras”.

Artigos relacionados

Back to top button