ConcellosÚltima hora

Castrexos e romanos daranse cita en Margaride (Quiroga) o 17 de agosto

Esta localidade celebrará este sábado a súa IX Festa do Ouro con numerosas de actividades
Participantes na pasada edición da Festa do Ouro de Maragaride (Quiroga)./ Foto: Carlos G. Hervella.

Coa xa tradicional misa en latín, Margaride de Lor abrirá ás 11h. do 17 de agosto os actos da IX Festa do Ouro, coa que esta localidade quiroguesa revive o seu pasado romano. Despois da eucaristía, os veciños, vestidos como galaicos ou como romanos, iniciarán un percorrido polas adegas do pobo ao ritmo das gaitas de Salcedo.

En torno ás dúas e media farase o xantar no campamento romano e no oppidum galaico, ambos situados ao pé das Covas do Medo. Pola tarde, nese mesmo lugar Manuel Cao, mestre xubilado de San Clodio, dará unha conferencia sobre toponimia. Ademais organizarase unha búsqueda de ouro para os máis pequenos nunha das “lagas” da zona.

Non faltará tampouco a música dun Dj, seguida dunha cea popular. Logo darase paso a unha serie de rituais, entre eles o da sorte, e á queimada. Despois volverá a música. Esta festa será organizada pola Asociación de Veciños de Margaride coa colaboración da Asociación Veciñal de Salcedo.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button