CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Castrexos e romanos volven ás Covas do Medo de Margaride

Esta localidade quiroguesa celebraba o 18 de agosto a súa VIII Festa do Ouro con numerosa participación

Dous mil anos atrás no tempo volvía Margaridade de Lor (Quiroga) na xornada do 18 de agosto. As súas rúas enchíanse de castrexos e romanos para celebrar a VIII Festa do Ouro. Tras unha ruta polas adegas para degustar viños e pinchos, que comezaba en torno ás doce e concluía ás dúas, tiña lugar unha misa na capela da localidade.

Entre tanto, comezaban os preparativos do xantar no campamento romano e tamén no castrexo, situado nas proximidades dunha antiga explotación aurífera romana cuxos restos máis destacados son as Covas do Medo.

Despois do xantar, destacaba, entre outras actividades unha conferencia impartida precisamente no interior dunha desas covas por José Espinosa, presidente da Asociación de Amigos dos Aceites de Quiroga e Gallaecia. Despois tiñan lugar unha serie de rituais castrexos de casamentos e un bautizo, seguidos dunha cea popular.

Esta Festa do Ouro de Margaride ten sido organizada pola Asociación de Veciños de Margaride coa colaboración de amigos. Nesta edición participaba un grupo numeroso de Salcedo (A Pobra de Brollón) e coa presenza do Meigo do Tea.

Foto: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button