CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Castro Caldelas celebrará o 17 de maio de forma virtual

O Concello convoca un concurso de relatos "manuscritos" en galego e editarase un vídeo con "palabras" galegas

De maneira virtual celebrarase o Día das Letras Galegas do 2020, adicado a Ricardo Carvalho Calero, en Castro Caldelas. O Concello vén de convocar un Concurso de Relatos “Manuscritos” en galego para rapaces en 2 franxas de idade (de 7 a 12 anos e de 13 a 16 anos). Os traballos deberan ter unha extensio máxima dun folio polas dúas caras e outorgarase un único premio por franxa de Idade consistente nun lote de libros.

Por outra banda, o Concello de Castro Caldelas vai editar un vídeo con “PALABRAS” galegas “preferiblemente vocablos propios da Cultura, Historia, Tradición, Faenas Agrícolas, Gastronomía,… de Caldelas”, indica a alcaldesa, Sara Inés Vega.

O prazo límite para presentar os traballos concluirá o día 15 de maio ás 12h no Concello de forma presencial ou telemática a través do correo electrónico: concurso.concellocastrocaldelas@gmail.com

Para a montaxe do vídeo deberá enviarse a gravación da “palabra” aos whatsapps dos números: 616827258 e 629466615.

 

Artigos relacionados

Back to top button