ConcellosÚltima hora

Castro Caldelas contará co segundo centro permanente de Trail Running de Galicia

No mes de abril, esta localidade ourensá será sede da edición española da ultra maratón "Barckley’s Marathon"

 

Panorámica do Canón do Sil en Castro Caldelas.

 

Xa é oficial. Castro Caldelas foi elixida pola Federación Española de Atletismo para albergar o segundo centro permanente de Trail Running (TRC) de Galicia e o único da Ribeira Sacra, dentro do plan para crear unha rede estatal de centros para corredores de montaña.

Estes centros deben ofrecer aos practicantes deste deporte, ademais dunha rede de sendeiros duns 50 km, adaptados a esta modalidade deportiva e a distintas distancias e dificultades, un centro de recepción, vestiarios e duchas ao dispor dos deportistas.

 

Sinalización nunha ruta en Castro Caldelas.

 

Castro caldelas “é un referente para os corredores de montaña pola beleza das súas paisaxes, polo canón do sil e por unha orografía privilexiada con mais de 1.000 metros de desnivel desde o punto mais baixo ao mais alto do termino municipal”, aseguran dende o concello, engadindo que esta actuación englóbase na aposta desta vila da Ribeira Sacra, que atopou no turismo deportivo e natureza unha forma de desestacionalizar o turismo e aumentar o número de pernoitas facendo que miles de persoas veñan a Castro Caldelas máis aló do verán e as pontes para gozar dos seus bosques , camiños centenarios, aldeas de conto,castelo, miradoiros e patrimonio etnográfico e gastronómico.

Por todo isto, durante o 2020 conseguiu ser sede do campionato do mundo de ultra resistencia e para abril deste 2021 seráo da edición española da carreira considerada a máis dura do mundo, a Barckley’s Marathon, que na súa versión española toma o nome de Caldela’s Marathon.

Artigos relacionados

Back to top button