DeportesÚltima hora

Castro Caldelas retoma as actividades deportivas “con todas as medias de protección”

 

Con todas as medidas de protección e os protocolos de seguridade, veñen de retomarse as actividades deportivas nesta fase da desescalada no pavillón polideportivo municipal de Castro Caldelas. Comezouse coa actividade de Pilates impartida polo monitor deportivo do Concello. Ante o gran número de persoas interesadas en participar, organizáronse dous grupos en diferentes horas todos os lunes e xoves.

Con relación ás actividades, o Concello aprobou, “cos votos do grupo de Goberno e a abstención da oposición, modificar a ordenanza municipal a aplicar, isto é, bonificar o custo da actividades ao 50% (de 20 a 10€) para os veciños e aumentar ao dobre as horas impartidas semanalmente (de 1 a 2h). Así mesmo tamén aprobou a participación dos veciños dos outros concellos limítrofes cunha bonificación do 25%”, tal e como sinala a alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega.

 

 

Todo isto, engade a rexedora, “enmárcase nas medidas de apoio solidario ás familias dun xeito dual: axudar a paliar os efectos económicos desta pandemia e favorecer a práctica deportiva e saudable dos veciños de Castro Caldelas e dos concellos da zona, que se viron abocados a permanecer confinados durante o estado de alarma”.

Ademais, dende o Concello de Castro Caldelas tamén se adiana que, segundo se poida ir avanzando nas diferentes prácticas deportivas, “continuarase ofertando actividades para todos os públicos no remodelado Polideportivo Municipal, que foi dotado recentemente de novo solado, graderío, porterías, canastras e arranxos de pintura e carpintería en vestiarios e zonas comúns”.

Esta administración local tamén destaca que todas as actividades cumpren coas medidas preventivas precisas: “distancias, xeles hidroxélicos, medidas persoais de protección, desinfección de todos os espazos utilizados antes é despois do seu uso, peche de vestiarios e duchas…”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button