Publicidade
ConcellosÚltima hora

Castro Caldelas reúne nun vídeo unha escolma de “palabras da nosa xente, da nosa lingua”

O Concello promoveu a elaboración deste traballo para conmemorar de maneira virtual o Día das Letras Galegas

Un dos participantes no vídeo elaborado polo Concello de Castro Caldelas.

 

Culleirón, ribeirao, mazaira, caldelao, tarazana, avoa, morriña… Son algunhas das numerosas palabras propias da cultura, da historia, da tradición, dos labores do campo, da gastronomía, etc. vencelladas ás Terras de Caldelas que, escritas ou e boca de multitude de persoas de todas as idades se reúnen nun vídeo elaborado polo Concello de Castro Caldelas para celebrar de maneira virtual as Letras Galegas de 2020.

O vídeo iníciase recordando que Castro Caldelas tivo ao longo da súa historia importantes personaxes que foron estratéxicos para a difusión e normalización da lingua galega, como é o caso de Vicente Risco, Manuel Casado Nieto ou Olegario Sotelo Blanco, entre outros.

Pero, resalta despois que “onde de verdade o galego perviviu e se fixo forte foi nos momentos difíciles do día a día”, a través de palabras cheas de significado e cun valor moi persoal. E é delas das que se nutre este traballo colectivo que xungue “palabras da nosa xente, as palabras da nosa lingua”.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close