Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Castro Caldelas será a sede da carreira española do campionato do mundo de ultra resistencia

Esta proba de ultrafondo na que só pode quedar un, comezará ás 14 horas do sábado 17 de outubro

Foto: Concello de Castro Caldelas.

 

Este ano debido a pandemia o campionato do mundo da carreira de ultra resistencia Backyard Ultra non se realizará en Tennessee (EE.UU.) e farase simultaneamente en cada país con saída ás 14 horas, sendo Castro Caldelas o concello que acolla a sede da carreira española.

Así, o vindeiro sábado 17 de outubro celebrarase neste concello ourensán a proba considerada máis dura do mundo na que non se busca o corredor máis rápido senón o máis resistente dando voltas a un circuíto de 6,7 km con saída cada hora ata que quede 1 só corredor que sexa capaz de completar unha volta máis. “Nesta proba de ultra resistencia sábese cando empeza pero non cando acaba”, aseguran dende a organización. Na edición do campeonato de España celebrado o pasado 26 de setembro tamén en Castro Caldelas conseguíuno Dani Corvo con 32 horas correndo e 214 km aínda que o récord está en 2 días e medio correndo.

 

 

Cada un dos 20 países que participa na proba compite con 15 corredores en modalidade individual e por equipos. Gana a selección co maior número de km sumados por equipo e queda como gañador individual o participante que en total, en calquera dos 20 países consiga dar máis voltas.

A Selección Española que competirá desde Castro Caldelas é mixta con 2 mulleres (no ano 2019 gañou unha muller en Tenesse correndo 60 horas) e vén moi forte. Os participantes que correrán en Castro Caldelas veñen desde Suíza, Romanía, País Vasco, Andalucía, Madrid, Castela A Mancha e Galicia.

A proba dos 20 países será retransmitida en directo a través de Facebook no seguinte enlace: https://www.facebook.com/groups/142055916440410/?multi_permalinks=689886994990630&notif_id=1602140226679460&notif_t=group_highlights&ref=notif

Artigos relacionados

Back to top button