ConcellosÚltima hora

Castro Caldelas será proclamada unha das vilas máis bonitas de España

Este recoñecemento farase o 15 de xuño nun acto previsto ás 21:30h. na praza do Prado desta localidade

 

Patio do Castelo de Castro Caldelas./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O vindeiro vernes 15 de xuño o concello ourensán de Castro Caldelas celebrará a súa proclamación como unha das vilas máis bonitas de España. Será nun acto previsto ás 21:30 horas na praza do Prado coa presenza de diferentes autoridades.

Esta distinción, acadada a través da Asociación de los Pueblos más Bonitos de España supón, “para este concello e para todos os seus veciños un orgullo”, di a súa alcaldesa, Sara Inés Vega, e tamén “un recoñecemento ao traballo levado a cabo tanto na recuperación do casco histórico de Castro Caldelas, como das súas festas e tradicións, así como, na dinamización desta vila a nivel turístico e cultural”.

A rexedora tamén sinala que esa aposta tamén tense traducido nun “novo aliciente de recuperación económica atraendo inversións que fan deste pobo un referente a nivel turístico, no corazón da Ribeira Sacra”.

O acto de proclamación, que será presentado pola caldelá Lucía Rodríguez, incluirá a intervención das autoridades, así como actuacións musicais do tenor Bernardino Atienza, da Banda de gaitas Os Trabazos de Castro Caldelas e da Real Banda de gaitas de Deputación de Ourense.

 

Artigos relacionados

Back to top button