OurenseÚltima hora

Castro Caldelas suma un novo centenario, Juan Bouzo

 

Por vez primeira dende a súa creación, a Residencia do Maior de Castro Caldelas festexa que un dos seus residentes cumpre 100 anos. Así o destaca a alcaldesa deste municipio, Sara Inés Vega, referíndose a Juan Bouzo, que vén de soprar cen candeas neste centro. “Con 98 anos foi un dos 3 únicos residentes que non tivo Covid e a cotío chega ao Concello para visitarme, tomar un café e botar unha “parrafada””, asegura a rexedora.

Nesta xornada Juan Bouzo vén de celebrar, xunto co resto dos residentes deste centro e o seu persoal o seu centenario. “O Sr. Juan é o exemplo de integración e calidade de vida aos seus 100 anos”, resalta a rexedora insistindo nas súas felicitacións nesta xornada tan especial.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button