EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Cata comentada da D.O. Valdeorras o 19 de marzo de na Coruña

Será no marco do ciclo de actividades de Valdeorras Infinda. Ademais, o consello regulador realizará novas accións promocionais en Barcelona e Madrid en abril baixo o paraugas de Acruaga

Publicidade

 

Os viños da Denominación de Orixe Valdeorras dábanse a coñecer en Ibiza no marco dun acto promocional impulsado esta semana polo Consello Regulador da Denominación de Orixe en colaboración con Vidivinos. “Con esta acción promocional, pretendemos divulgar o potencial dos nosos viños en novos territorios do Estado que consideramos prioritarios en termos de mercado”, sinala ao respecto desta acción promocional o presidente do C.R.D.O. Valdeorras, José Luis García Pando.

Ademais de Ibiza, as cidades da Coruña, Madrid e Barcelona acollerán nas vindeiras semanas diferentes actividades divulgativas dos viños do territorio amparado valdeorrés. En concreto, na Coruña está previsto realizar o 19 de marzo unha cata comentada polo director técnico da D.O. baixo o título Valdeorras, terra de viñedo. Será no mercado herculino de San Agustín ás 12h. e forma parte das actividades do colectivo Valdeorras Infinda en colaboración coa Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.

 

 

Xunto a isto, os viños de Valdeorras viaxarán ata a Barcelona Wine Week entre o 4 e o 6 de abril e tamén se presentarán no Salón Gourmets de Madrid entre o 25 e o 28 de abril. Paralelamente, baixo o paraugas da Asociación de Consellos Reguladores (ACRUAGA) está previsto que diferentes referencias de brancos e tintos da comarca se dean a coñecer na London Wine Fair, no mes de xuño.

Artigos relacionados

Back to top button