EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A Cata da D.O. Monterrei en Ribadeo reúne a 40 persoas

Desenvolvíase na tarde do 29 de agosto na viñoteca El Gallego

A máis de vinte viños de Monterrei achegábanse os participantes na cata aberta que se desenvolvía na tarde do 29 de agosto na viñoteca El Gallego de Ribadeo. Esta cata, organizada dende o Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, estivo dirixida por Luis Paadín, presidente da Asociación de Sumilleres Gallaecia. Nela participaban unhas corenta persoas.

Esta actividade forma parte do programa de actos promocionais que está a desenvolver este consello regulador co fin de “dar a coñecer as singularidades dos viños da comarca”, en palabras da súa presidenta, Asunción Rodríguez.

Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button