EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Cata de calificación dos viños de branco lexítimo, en Paderne

Valorábanse un total de 14 viños, 12 da colleita do ano 2015 e os dous restantes da do 2014
O alcalde de Paderne con Luís Paadín y los sumilleres de la comarca que participaron en la cata./ Foto: César Longo.
O alcalde de Paderne con Luís Paadín y los sumilleres de la comarca que participaron en la cata./ Foto: César Longo.

Na progresión na calidade dos viños elaborados coa variedade ancestral branco lexítimo coincidían os participantes na cata de calificación das II.XX.PP. (Indicacións Xeográficas Protexidas) Betanzos e Barbanza-Iria, así como dos viños da comarca de Negueira de Muñiz. Tiña lugar o 10 de outubro no concello de Paderne e nela valorábanse un total de 14 viños, 12 da colleita do ano 2015 e os dous restantes da do 2014.

A cata estivo dirixida por Luís Paadín, director da Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia 2017, e celebrouse explícitamente para a clasificación e puntuación das marcas na devantida publicación. O xurado da cata estivo formado por Alejandro Paadín do Restaurante Alborada de A Coruña, Pablo Vázquez do Restaurante A Estación de Cambre, Juan Dorado do Restaurante El Refugio de Oleiros, Juan Pedro García do Restaurante Miga de A Coruña, Manuel Casal do Restaurante A Cabana de Fiobre – Bergondo; Manuel Otero do Restaurante Bido de A Coruña e Pedro Vázquez do Restaurante Mesón de Herves de Herves – Carral.

As puntuaciones da cata, xunto con outros datos destes viños da variedade branco lexítimo, poderán coñecerse no vindeiro decembro. Nese mes sairá a rúa a nova edición da Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia 2017 de Luís Paadín.

Artigos relacionados

Back to top button