EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Cata de cervexas artesás, no Barco

Publicidade
Nesta iniciativa, promovida polo Bar Vinum, podían degustarse ata cinco cervexas de Keltius maridadas con queixos diferentes

As características e singularidades das cervexas artesás galegas e, máis en concreto ás de Keltius, dábanse a coñecer no marco da Cata de cervexas artesás que se organizaba na tarde do 6 de decembro no Bar Vinum do Barco. O responsable desta marca de cervexa ourensá, Alberto Gómez, facía unha exposición sobre este tipo de elaboracións e logo daba paso a unha cata comentada de cinco das súas cervexas: Miño, Outono, Berserker, Diabolus e Call of Cthulu.

Ademais cada unha delas maridábanse con diversos queixos. “Para cada cervexa escollimos un tipo de queixo diferente porque permite incrementar o seu sabor”, explica Manuel, dende Vinum. Así a Miño servíase cun chedar, a Outono cun queixo verde, a Berserker cun “añejo”, a Diabolus cun roquefort e a Call of Cthulu cun president.

Fotos: Beltrán Alonso

Artigos relacionados

Back to top button