EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Cata de viños da D.O. Ribeira Sacra para as “Distincións Gallaecia” e para a “Guía de Viños de Galicia”

Imaxe da cata dos viños da D.O. Ribeira Sacra./ Cedida.

 

A Aula de Cata Paadín da Coruña acollía o 12 de xullo a primeira xornada de cata dos viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra para as “Distincións Gallaecia 2021” e tamén para a “Guía de Viños, Destilados e Adegas de Galicia 2022”.

Nesta primeira sesión valorábanse un total de 103 viños, 22 deles brancos, 2 rosados e 79 tintos. O panel de catadores estaba formado por unha ducia de profesionais de Galicia, Asturias, Uruguai e Italia.

Os catadores destacaban a “alta calidade de todos os viños, tanto os elaborados tradicionalmente coas variedades godello e mencía, como aqueles elaborados con outras variedades ancestrais como o branco lexítimo, merenzao, brancellao, sousón, etc.”. Ademais facían “especial fincapé no incremento de novas marcas dos chamados “Viños de Finca”, que en cata cega destacaron pola súa singularidade.

A xornada finalizaba cunha comida de harmonías dos viños catados con parrillada de sanmartiño e chuletóns de vacas vellas rubia galega.

Artigos relacionados

Back to top button