OurenseÚltima hora

Cata de viños de Valdeorras e Ribeiro nas Xornadas Gastronómicas “Sabor de Maio”, en Ourense

Unha ducia de establecementos hostaleiros ofrecerán pinchos e menús especias durante todo o mes

Na tarde do 3 de maio arrancaban en Ourense as Xornadas Gastronómicas “Sabor de Maio”, organizadas polo Concello e a Unión de Hosteleiros co obxectivo de promover e por en valor a gastronomía ourensá no arranque da temporada de maior afluencia turística da cidade.

Na iniciativa participan inicialmente unha ducia de locais de hostalería con pinchos e menús específicos aínda que a participación está aberta, e dende a organización agardan que a oferta aumente ao longo de todo o mes.

Os locais participantes con pinchos serán Fuentefría, A Saia da Carolina, Portovello, Cervecería Moucho, Café Gijón Barbaña, Las Monchas, O Pote e Casa de María Andrea. Os restaurantes que ofrecerán menús específicos serán a Adega do Tito, Baysha, A Taberna e Duque.

En canto ás actividades paralelas, desenvolveránse no Centro Comercial Ponte Vella os días 9 e 10 de maio de 18:30 a 20:30h. O día 9 está prevista unha cata de viños do grupo GRM (Ribeiro) e Adega Melillas e Santa Marta (Valdeorras), cunha degustación de Queserías Lomba. O día 10 haberá un showcooking a 6 mans coa participación dos chefs Diego López, do Restaurante La Molinera (Lalín), Marco Varela, do restaurante Casal de Armán e o cocteleiro Guillermo González.

Artigos relacionados

Back to top button