EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Cata de viños dos lagares milenarios de Galicia, en Málaga

Luis Paadín durante a cata.

Unha viaxe polos viños das viñas dos Lagares Rupestres de Galicia era a singular e novidosa proposta, dirixida polo sumiller Luis Paadín, na que participaban os integrantes da Asociación de Sumilleres de Málaga (ASM). A finais de maio promovíase unha cata de 13 vinos procedentes de viñedos vinculados a algún lagar rupestre, e facendo un percorrido polas DD.OO. da comunidade galega.

 

Un dos viños degustados.

 

Na actualidade, en Galicia están localizados preto dun cento de lagares rupestres, “algún deles datado no século II. Grazas ao duro granito no que están labrados chegaron ata os nosos días e neles poden aprezarse as diferentes adaptacións que se teñen realizado ao longo da historia vitivinícola de Galicia”, explican Luis e Alejandro Paadín, promotores da iniciativa e que teñen realizado asemade un estudo sobre este tipo de patrimonio. Este traballo leva por título “Las piedras que hacen vino”.

 

Fotos cedidas por Servino.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button