En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Cata-maridaxe de viños do grupo Jorge Ordóñez con produtos como as olivas de Valdeoliveira, en Valdeorras

Nesta interesante iniciativa, que se desenvolvía no establecemento barquense El Manjar baixo a dirección do enólogo Ignacio Álvarez, participaban unhas 40 persoas

Un total de oito viños de diferentes añadas das adegas do grupo Jorge Ordóñez, entre elas os da valdeorresa Avancia, maridábanse con diversos produtos gastronómicos na tarde-noite do 5 de marzo no Barco. Unhas 40 persoas desfrutaban desta cata-maridaxe organizada por Ignacio Álvarez, enólogo e director técnico das adegas do grupo Ordóñez, en colaboración cos promotores do proxecto Valdeoliveira e co establecemento de hostalaría El Manjar.

“A idea é intentar organizar eventos deste tipo, que si se fan fóra de Valdeorras, na nosa terra, onde creo que hai poucas iniciativas desta clase por parte das adegas e nestes eventos a xente sempre responde”, comentaba Ignacio Álvarez. A cata-maridaxe incluía un total de oito viños (dous brancos, catro tintos, un rosado e un escumoso) de catro adegas do grupo de zonas diferentes: Valdeorras, Toro (Zamora), Aragón, Málaga e Ribera do Duero. Cada un destes viños servíase conxuntamente cun prato seleccionado especialmente para poder facer esa conxunción de sabores e matices.

 

Os promotores desta cata degustación, ao inicio da mesma./ Foto: Carlos G. Hervella.

A cata comezaba cun mostatel seco de Málaga acompañado pola olivas encurtidas de Valdeoliveira, proxecto cuxa presentación tiña lugar tamén en El Manjar a finais de xaneiro. “Son olivas de Valdeorras. Esta é unha iniciativa digamos romántica, porque de momento non ten visos empresariais, aínda que todo se andará, e é obra de José Antonio Iglesias e miña, empeñados en pór en valor todo o que sexa desta comarca. E como Valdeorras foi terra de olivas e aínda as hai e hoxe estanse plantando máis para elaborar aceite, pois nós pretendemos recuperar nesta iniciativa só a oliva”, explicaba ao inicio da degustación José Ángel Rodríguez. As olivas encurtidas que podían probarse eran da variedade gordal sevillana.

 

O enólogo do grupo Jorge Ordóñez, explicando as característica do rosado de Avancia./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A cata estaba dirixida por Ignacio Álvarez, quen ía explicando o tipo de viño, o seu lugar de procedencia, a forma de elaboración e tamén as súas características, xunto cos seus matices. Tras o moscatel de Málaga viñan tres elaboracións de Valdeorras: Avancia Cuvée de O Godello, Avancia Cuvée de O Rosado e Avancia Cuvée de O Mencía. Maridados, respectivamente, con berberechos, mexillóns e xamón, respectivamente. Tamén podían degustarse tortilla de pataca, outros embutidos ou empanada de bacallau.

 

Un dos momentos desta cata-maridaxe no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

A cata completábase cun Ribera do Duero, unha garnacha de Aragón, unha tinta de Toro e, finalmente cun Moscatel escumoso de Málaga. Todos eles acompañados tamén por produtos como cecina, empanada de maravallas, anchoas ou percebes. Na cata do escumoso vivíase un momento de expectación xa que se procedía ao seu “degüelle”, acompañado da explicación corresponte sobre a orixe deste procedemento e cada un dos pasos.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button