EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Cata “moi riquiña” con viños de Valdeorras da man da sumiller Mercedes González o 22 de maio

 

O vindeiro venres 22 de maio terá lugar unha nova cita co ciclo as #catasriquiñas da sumiller Mercedes González Rodríguez. Desta volta a proposta terá como protagonistas aos viños da Denominación de Orixe Valdeorras e levará por título “Covas en sus entrañas y reino de la #godello“.

Para participar nesta iniciativa, promovida por Xantar (na que colabora o CRDO Valdeorras) e que comezará ás 19h., só é necesario preparar unha tapa e un viño desta denominación, ademais de anotarte no seguinte link (a través de #zoom): https://us02web.zoom.us/webinar/register/WN_yywa4Z1FS8GQyWrBUPPUBg

Nesta ocasión a tapa para acompañar leva como ingredientes: 1 aguacate e 1 tomate, 1 lata de atún ou salmón afumado, 2 tipos de froitos secos (noces, almendra, pistacho, avelá), leiturga, A.O.V.E e unhas pingas de vinagre (ou zume cítrico).

 

A sumiller Mercedes González cun godello de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close