EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Cata na D.O. Ribeiro para a “Guía de Vinos de Galicia”

O sumiller Luis Paadín, director do libro, valoraba 112 viños nesta denominación ourensá
O sumiller Luis Paadín, catando viños na D.O. Ribeiro.

Continúa o proceso de catas para a preparación da “Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia 2018”. O director desta publicación, Luis Paadín, vén de catar na sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro un total de 112 viños, dos cales 83 eran brancos e os 29 restantes tintos.

Trátase dunha primera cata, que terá continuidade con outra a finais de agosto e cunha recata dos viños mellor puntuados e que optan a posible Gran Ouro na guía do vindeiro 2018. Sempre se trata de cata cega (botella tapada), e ao catador tan só se lle informa do ano da colleita, polo que descoñece a marca, o tipo de elaboración e o prezo, para, dese xeito, evitar prexulgar en base a unha etiqueza ou un prezo.

Esta guía lograba no 2013 o Premio Gourmand como “mellor libro de viño e turismo de España” e no 2017 o “Premio Especial Gourmand” como un dos 10 mellores libros de viño do mundo. Para elaborar a edición do 2018 Luis Paadín, o seu director, ten previsto catar máis de mil viños e destilados galegos.

Artigos relacionados

Back to top button