En portadaGalerías de fotosÚltima horaXIX Feira do Viño de Valdeorras

A cata oficial, limiar da XIX Feira do Viño de Valdeorras

Un panel de nove catadores analizaba na mañá do 15 de xullo as 33 mostras que se presentaban a este certame

Ás dez da mañá do 15 de xullo comezaba a XVII Cata dos Viños da XIX Feira do Viño de Valdeorras na sede desta denominación de orixe ourensá. Un panel de nove catadores analizaba e puntuaba as 33 mostras que se presentaban nesta edición do concurso. Delas 12 eran de tintos e 13 de brancos, mentres que na categoría doutras añadas optaban ao galardón 8 viños (6 tintos e 2 brancos).

Esta cata convértese no limiar da XIX Feira do Viño de Valdeorras, cuxa apertura oficial está prevista para as 12:30h. do sábado 15 de xullo na praza de Viloira (O Barco). O acto inaugural contará cun pregón a cargo do ex ciclista profesional Álvaro Pino.

Ese mesmo día pola tarde desenvolverase, por vez primeira na historia da feira, unha cata con xurado popular. No intre de escribir estas liñas aínda estaba aberta a participación das adegas, pero xa están anotadas un total de dez (cada unha delas cun viño branco e cun tinto).

Os premios, tanto da cata oficial como da cata con xurado popular, faranse públicos e entregaranse na tarde do domingo 17 de xullo no mesmo recinto feiral.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil
Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button