EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Cata online “moi riquiña” de viños da Ribeira Sacra coa sumiller Mercedes González

Trátase dun ciclo de catas virtual, promovido por Xantar en colaboración cos consellos reguladores galegos, que se iniciará este venres 15 de maio

A sumiller Mercedes González./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Cita virtual cos viños cada venres da man da sumiller Mercedes González Rodríguez. Trátase dunha iniciativa lanzada dende Xantar cos viños das cinco denominacións de orixe galegas e que se encetará o vindeiro venres 15 de maio ás 19h. con viños da Ribeira Sacra. A iniciativa pretende servir tamén de apoio á candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Humanidade da UNESCO, un dos últimos fíos condutores da última edición de Xantar.

Para participar e seguir esta cita gratuíta a través de zoom, es necesario inscribirse aquí. Logo, tan só hai que descorchar unha botella da D.O. Ribeira Sacra. Na inscrición pódese indicar a marca para a que a sumiller o teña en conta e poida aportar máis matices sobre este viño na cata.

Despois da inscrición recibirase un correo electrónico de confirmación con información para unirse ao seminario web. Ademais está aberta a posibilidade de seguilo a través de Facebook Live dende a páxina de @Xantar.

A organización desta cita, que conta coa colaboración do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, propón completar o encontro online cunha deliciosa tapa de pulpo con queixo galego.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button