EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Cata previa das “Distincións Gallaecia 2019” na D.O. Ribeiro

Esta actividade tivo lugar hoxe, 31 de xullo, e participaron 133 viños desta denominación de orixe

 

Participantes na cata.

 

A sede do Consello Regulador da D.O. Ribeiro foi o escenario dunha das catas previas á concesión dos galardóns “Distincións Gallaecia 2019” aos mellores viños e para a elaboración da edición 2020 da “Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia”, coordinada por Luis Paadín. Nela participaron 133 viños brancos e tintos desta denominación de orixe, os cales foron catados por membros da Asociación de Sumilleres Gallaecia e catadores invitados de recoñecido prestixio, da talla do presidente da asociación de sumilleres de Málaga, o director técnico do C.R.D.O. Toro ou o director técnico de experimentación de Ribera del Duero.

Desta cata, os viños pasarán a unha fase final, que se celebrará en Fisterra a principios de setembro. Así, Aurelio Vázquez, presidente da Asociación de Sumilleres Gallaecia afirma que “nos viños brancos desta colleita destaca o equilibrio, a frescura, e os diferentes matices entre zonas, nos viños de anadas anteriores quero subliñar a súa excelente evolución así como a súa enorme complexidade”; mentres que nos tintos “segue a verse o cambio cualitativo destes últimos anos e a singularidade que aportan outras castes distintas a mencía nas elaboracións.”

 

Artigos relacionados

Back to top button