EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Catar poemas e ler viños á beira do Sil, con Mercedes González e Fátima Delgado

 

O C.R.D.O. Valdeorras é o principal patrocinador do SilFest Valdeorras, por iso o viño está moi presente ao longo de todo o festival.

E se na tarde do xoves se celebraba unha cata erótica no Casino do Barco, na tarde deste venres tocáballe ao Ano de Florencio Delgado Gurriarán, cunha cata xa no recinto á beira do río Sil, na que se mesturaban os viños valdeorreses comentados pola sumiller Mercedes González cos poemas de Florencio Delgado Gurriáran recitados pola artista barquense Fátima Delgado.

Mañá aínda haberá outras tres catas:  dúas para adultos tituladas ‘Rock&Wine’ e ‘Un viño, un instrumento, unha canción’; e outra para os cativos titulada ‘Entre aromas e sabores’.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button